CRTVG

Buscar

Os Mossos abren unha auditoría interna para frear as críticas do Goberno de Torra

Publicado o 29/10/2019 20:22
Os Mossos abren unha auditoría interna para frear as críticas do Goberno de Torra

Os Mossos d'Esquadra abriron unha macroinvestigación para supervisar 15 actuacións dos axentes durante os disturbios das últimas semanas. É a maior auditoría interna que se fixo ata o de agora na Policía Autonómica catalá. Tratará de determinar se a súa actuación foi proporcionada e se cumpriron os protocolos que teñen fixados.

Hoxe regresaron a Galicia os policías nacionais que participaron no dispositivo especial deseñado polo Goberno para reforzar a seguridade en Cataluña tras a sentenza do procés.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/10/2019