CRTVG

Buscar

Os Mossos abandonan un acto da Garda Civil en Cataluña ao sentirse ofendidos

Publicado o 10/10/2019 08:29

Desavinzas dos Mossos e da Garda Civil en Cataluña. Os mandos da policía catalá abandonaron o acto da patroa da Garda Civil ao sentirse ofendidos. Marcharon molestos cos discursos en que se loou o papel da Garda Civil en Cataluña e as alusións ás causas xudiciais do procés, onde está imputada a cúpula anterior dos Mossos. Agardaron a que rematasen as intervencións e non asistiron ao aperitivo oficial.

Despois destas desavinzas, a delegada do Goberno reuniuse con eles para reafirmar a vontade de traballar coordinadamente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019