CRTVG

Buscar

Os mortos polas inundacións en Europa central soben a 188

Publicado o 18/07/2021 21:00

Merkel prometeu axuda urxente para os damnificados polas inundacións. Dixo que non había palabras para describir a devastación causada e apostou por acelerar a loita contra o cambio climático. "Todo o posible", subliñou.

A presión das augas remitiu nas zonas afectadas polas riadas, ao oeste do país, centradas agora nos labores de limpeza e desentullo, reforzamento de diques e restablecemento de servizos básicos. Mantendo sempre activa a busca dos desaparecidos.
Sabina, que acudiu como voluntaria a axudar nunha das localidades máis danadas, di que durante a riada pasaban cadáveres flotando e que a xente subiu aos tellados. Subliña que están sen auga nin luz e que varias casas quedaron inhabitables.

E a alerta por rebordamentos continúa, agora no leste e no sur do país, onde xa se notificaron dúas vítimas mortais e houbo que realizar algunhas evacuacións. Estas son imaxes dunha localidade de Baviera.

En Bélxica, o segundo país máis afectado polas enchentes, en xeral baixou o nivel das augas, pero aínda hai algunhas zonas en alerta. Os traballos de recuperación compaxínanse tamén aquí coa busca de desaparecidos.

Samuel di que o perdeu todo pero que non queda outra que ser positivos e tirar para adiante.
Austria tamén sufriu onte á noite riadas en varios puntos próximos á fronteira con Alemaña. Non deixaron vítimas pero arrastraron vehículos e encheron de lama e auga rúas, baixos e vivendas.

Noticias web

18/07/2021