CRTVG

Buscar

Os mortos con gripe aumentan a 68 en Galicia

Publicado o 06/03/2020 19:11

Os mortos con gripe en Galicia aumentan a 68, nove máis que hai unha semana.
Segundo informa a Xunta, 27 desas persoas morreron directamente polo virus. Desde o inicio da temporada, houbo 1.512 ingresos por esta causa en Galicia, dos que 330 continúan ingresados.
O Sergas di que a gripe se mantén de momento nun nivel de intensidade baixa.

 

Noticias web

06/03/2020