CRTVG

Buscar

Os moróns van a xuízo polos incidentes nos xulgados de Tui e pola liorta cos zamoranos

Publicado o 24/06/2019 14:03

Esta semana os Xulgados da Parda en Pontevedra acollerán dous xuízos contra o denominado clan dos moróns. Unhas vistas en que se establecerá un gran despregamento das forzas de seguridade. No primeiro dos xuízos, que terá lugar mañá e que se celebrará no Penal 1, xulgarán 6 persoas, acusadas dos delitos de atentado, obstrución á xustiza e lesións.

O suceso producírase no exterior dos xulgados de Tui e nel quedaran feridos un avogado e varios axentes da Garda Civil, supostamente a mans de varios membros do clan dos moróns. A fiscalía solicita para os procesados penas que van dende un ano e medio ata 6 anos de prisión.

O segundo dos casos xulgarase o mércores e refírese a unha multitudinaria liorta cos zamoranos, en Cangas, en 2015.

Noticias web

24/06/2019