CRTVG

Buscar

Os Moróns enfróntanse a 30 anos de cadea no xuízo que terán a finais de marzo en Pontevedra

Publicado o 12/03/2019 14:29

Cinco membros do coñecido como clan dos Moróns enfróntase a 30 anos de cárcere por dalle unha malleira a un avogado e agredir dous gardas civís ás portas dos xulgados de Tui.

O suceso tivera en abril de 2014, a raíz da posta en liberdade dun garda civil e un axente forestal por supostas ameazas a Olegario Giménez, ao que chaman o Rei dos Xitanos. A Fiscalía sostén que un dos fillos, Juan Pablo, ordenoulles a varias persoas que agredisen o letrado como castigo. O home sufrira diversas contusións, polo que tivera que ser hospitalizado. Por estes feitos sentarán no banco dos acusados Sinaí Jiménez, Juan Pablo e tres irmáns máis. O xuízo celebrarase dentro de dúas semanas no Xulgado do Penal 1 de Pontevedra.

Noticias web

12/03/2019