CRTVG

Buscar

Os países da UE reúnense de urxencia para tomar unha decisión sobre AstraZeneca

Publicado o 07/04/2021 12:54
Os países da UE reúnense de urxencia para tomar unha decisión sobre AstraZeneca

Os ministros de Sanidade da Unión Europea vanse reunir de forma urxente este mércores, ás 18:00 horas, para analizar a vacina contra o coronavirus desenvolta pola compañía AstraZeneca, unha vez que a Axencia Europea de Medicamentos emita un novo informe sobre a relación desta vacina e a aparición de trombos.

O Ministerio de Sanidade que dirixe Carolina Darias informou da convocatoria desta reunión e de que, como consecuencia da mesma, se atrasa o inicio do Consllo Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, que incluíu na orde do día a declaración da EMA sobre a vacina e "os acordos que procedan".