CRTVG

Buscar

Os 27 e a Eurocámara, enfrontados pola instalación de cámaras nos pesqueiros

Publicado o 28/06/2021 19:35

As condiciones de traballo dos pescadores e o regulamento de control das frotas  seguen a negociarse na Unión Europea. A instalacións de cámaras de videovixilancia dentro dos propios barcos é un dos elementos máis polémicos. E aquí temos un enfrontamento entre os países e o Parlamento Europeo.

Os 27 gobernos queren rebaixar as esixencias do Parlamento Europeo sobre a instalación de cámaras. Que só sexan obrigatorias naqueles buques con máis de 24 metros de eslora. O sector rexeita eses dispositivos porque poden atentar contra a privacidade das tripulacións e estigmatizan as frotas que non cometen infraccións ao faenar ou no desembarque.

Os gobernos tamén negocian que as embarcacións de baixura non estean obrigadas á xeolocalización, como pide a Eurocámara. Preto de 5.000 barcos españois terían que notificar as súas saídas diarias de porto ou onde lanzan os aparellos.

Nas negociacións entre os socios europeos, a Consellería do Mar defendeu que a pesca de baixura estea exenta. E que se lle impoña menos burocracia ao informar sobre a súa actividade.

 

 

Noticias web

28/06/2021