CRTVG

Buscar

Os ministros de Finanzas da UE examinan hoxe o fondo de recuperación

Publicado o 16/04/2021 15:01

Os ministros de Finanzas da Unión Europea analizan este venres o fondo de recuperación. Hai o temor de que se atrasen as axudas, sobre todo, polos problemas de Alemaña e Polonia para ratificar o plan nos seus parlamentos.

Ademais, dentro de quince días remata o prazo para que os estados envíen os seus plans de reformas e investimentos, obrigatorio a cambio das axudas, e, de momento, ningún o fixo aínda.

A cambio dos cartos haberá que facer reformas. A España pídenlle detalles da laboral, das pensións e da reforma de impostos.

 

 

Noticias web

16/04/2021