CRTVG

Buscar

Os mineiros entran no túnel para excavar unha galería e rescatar a Julen

Publicado o 24/01/2019 21:21

Os mineiros da brigada de salvamento de Hunosa escavan a estas horas a galería horizontal que os levará ata onde se cre que está Julen. A familia do cativo non perdeu a esperanza e confía en que todo saia ben. 

Decenas de persoas paticiparon hai uns minutos nunha vixilia para rezar por Julen e para darlle forza á familia e tamén aos mineiros que van arriscar a súa vida por rescatar o cativo. Todos confían en que esta sexa a última noite de Julen no interior do pozo. Os mineiros teñen por diante un traballo de extrema dureza e ninguén se atreve a falar de prazos pero será dificil que o rescate finalice antes de 24 horas. Algúns expertos apuntan que antes quizais os mineiros poidan saber se o pequeno está, como se pensa, debaixo dun tapón de terra do pozo onde caeu hai once días. Os pai de Julen di que están fortes e esperanzados.

Despois de varios atrasos por problemas na apertura do túnel vertical, chegou o momento dos mineiros da brigada de salvamento de Hunosa. Os técnicos que participan no rescate aseguran que o ánimo dos mineiros é excelente e que estaban desexando poder entrar no túnel.

O descenso comezou minutos antes das seis da tarde. Baixaron na cápsula construída expresamente para o rescate. Traballan de dous en dous, en quendas de 30 minutos ata atopar o pequeno Julen. Teñen que cavar á man unha galería horizontal de catro metros, en condiciòns de extrema dureza. E non se descarta que se atopan rocha teñan que intervir os especialistas en microvoaduras. A familia non perdeu a esperanza.

Os bombeiros prestaranlles apoio loxístico relacionado coa ventilación e a seguridade. Ademais, na zona do rescate hai efectivos da Garda Civil  e equipos sanitarios.

 


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2019