CRTVG

Buscar

Os mineiros de Hunosa escavan a galería horizontal para chegar a Julen

Publicado o 24/01/2019 15:29

A Brigada de Salvamento Mineiro de Hunosa desprazou a Málaga oito dos seus membros, son especialistas con experiencia en operativos de salvamento.

Para chegar a Julen os mineiros descenden de dous en dous polo túnel que se escavou estes días, dentro dunha cápsula metálica deseñada e construída para este rescate. A uns 70 metros de profundidade, en quendas de media hora, van cavar con medios manuais unha galería horizontal duns catro metros de lonxitude, un conduto dende o pozo que acaba de abrirse ata o pozo onde caeu o neno.

O pasado 13 de xaneiro Julen caeu neste pozo, no municipio de Totalán. Nestes once días desenvolveuse un operativo sen precedentes para rescatalo. Ao non ser posible acceder a el polo pozo en que caera, escavaron un túnel paralelo: removéronse máis de 40.000 toneladas de terra para perforar 60 metros de profundidade, unha obra de enxeñería civil executada en tempo récord.
 

Noticias web

24/01/2019