CRTVG

Buscar

Os militares mexicanos disgregan uns 3.000 migrantes

Publicado o 13/10/2019 11:15

Forzas de seguridade mexicana comezaron a disgregar unha caravana de case 3.000 migrantes na localidade de Tapachula, cando decidiron iniciar a súa marcha co obxectivo de chegar a territorio estadounidense.

Segundo diversas informacións, despois de máis de seis meses agardando os enfastiosos procesos de migración, homes, mulleres, nenos e mozos centroamericanos, caribeños e africanos saíron do seu campamento en Tapachula, porque din que non reúne as condicións para agardar polos documentos que lles permitan transitar por México cara aos Estados Unidos.

O Instituto Nacional de Migración informou que se levaron a cabo "accións para invitar ás persoas estranxeiras que conforman o continxente a acudir ao Instituto para coñecer as opcións de regularización da súa estadía no país".

México chegou a un acordo cos Estados Unidos para reducir o fluxo migratorio a cambio de evitar a imposición de aranceis aos productos mexicanos, o que provocou un descenso de case o 60 por cento dese fluxo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2019