CRTVG

Buscar

Os militares marroquís interceptan unha embarcación pola forza e feren un menor

Publicado o 11/10/2018 08:44

Na costa sur de España, continúan chegando inmigrantes irregulares. 31 persoas foron rescatadas nas proximidades da illa de Alborán e trasladadas posteriormente ao porto de Motril. Entre elas, dúas embarazadas que precisaron atención hospitalaria. A marina marroquí tamén recolleu onte 86 inmigrantes dunha embarcación á deriva. Horas antes, interceptaran outra barca pola forza. Os militares dispararon cara o bote e un menor de 16 anos quedou ferido.

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018