CRTVG

Buscar

Os militares da Campaña Antártica adestran no Grove

Publicado o 09/09/2020 13:56

Son os 13 militares que se preparan no Grove para a Campaña Antártica do Exército de Terra. Este traxe de supervivencia é o seu escudo protector e o seu salvavidas en caso de caeren á auga.

"Agora mesmo o máis importante é que se adapten ao traxe de supervivencia en augas frías", explica o sarxento primeiro Joan Campreciós.

"É fundamental cando imos navegar porque ante unha caída á auga esto permítenos sobrevivir", asegura Alberto Galán, sarxento especialista.

No adestramento acuático practican sobre todo manobras de rescate. Necesitan coñecer as lanchas que van manexar alí e practicar a manobra de home á auga", explica o tenente coronel Jesús Leal. O seu destino é illa Decepción, a apenas 100 quilómetros do continente antártico, un lugar que nada ten que ver co seu nome.

"É un privilexio para os científicos porque toda a contorna está conxelada, pero esta illa ten desxeo, ten vida", explica o brigada José Pardós.

"É a miña primeira vez na Antártida, vou moi emocionado", comenta o sarxento David Lobato.

Alí, a máis de mil quilómetros do lugar habitado máis próximo, está situada a base científica Gabriel de Castilla. A súa misión consistirá en darlle apoio ao persoal científico alí despregado.
"Na Antártida, cada quince ou vinte días, ven un barco que nos trae productos perecedoiros, como froita, verduras ou lácteos", comenta o cabo primeiro Jesús Cotoré

Os membros da expedición antártica estarán ata este venres afinando a posta a punto en San Vicente do Mar. Espérase que en decembro arribarán a Illa Decepción coincidindo co verán austral.




 

Noticias web

09/09/2020