CRTVG

Buscar

Os militantes do PSdeG de Ourense deberán elixir entre dúas listas para o Congreso Federal

Publicado o 17/09/2021 16:21

Os socialistas de Ourense enfrontaranse nas urnas para decidir quen representa á provincia no Congreso Federal de outubro. Este mediodía rematou o prazo de candidaturas e presentaron lista os afíns á dirección de Gonzalo Caballero, liderados por Francisco Fumega, e os críticos de Noela Blanco.

Dábase por feito que no PSOE ourensán non sería posible unha lista unitaria con vistas ao congreso da formación en Valencia. Algo ao que lle resta importancia o secretario xeral dos socialistas galegos.

Francisco Fumega, actual alcalde do Carballiño, é o candidato oficial apoiado pola executiva galega. A exdeputada socialista Noela Blanco sitúase a carón dos críticos. Non foi unha sorpresa que se presentaran por separado.

Francisco Fumega optou polo silencio nas últimas horas. Neste contexto de división interna a militancia socialista terá que volver de novo ás urnas.

Noticias web

17/09/2021