CRTVG

Buscar

Os militantes do PSdeG de Ourense votan as candidaturas

Publicado o 24/02/2020 21:16

No proceso de elaboración de listas anda tamén o PSdeG, un resultado que dará a coñecer esta fin de semana. Esta tarde os socialistas da cidade de Ourense tiñan previsto validar en asemblea a súa proposta para a candidatura provincial pero algúns militantes amosáronse disconformes e solicitaron que se sometese a votacion. Votación que se está realizando nestes momentos. Aínda que desde a dirección advirten que o partido terá a última palabra.

Noticias web

24/02/2020