Os migrantes rescatados polo Ocean Viking desembarcarán en Sicilia
Publicado o 09/08/2021 09:20

Os migrantes rescatados polo Ocean Viking desembarcarán en Sicilia. Tras preto dunha semana agardando o permiso das autoridades, a organización humanitaria xa ten a autorización para que as persoas recollidas no mar pisen terra. A ONG denunciou as secuelas psíquicas das longas esperas daqueles que salvan no mar.
No que vai de ano, máis de trinta mil migrantes desembarcaron en Italia; máis de 200 tamén en Sicilia hai só uns días.