Os Mestre Mateo recoñecen o labor do proxeccionista e restaurador Chema Rodríguez
Publicado o 03/03/2020 15:23
O audiovisual galego entrega os seus premios este sábado na Coruña e hai un dos galardóns que xa ten nome. Falamos de Chema Rodríguez, proxeccionista e restaurador desde hai 26 anos na filmoteca de Galicia, o Centro Galego de Artes da Imaxe.
Chema Rodríguez revisa A chaqueta metálica de Stanley Kubrick. Non é actor ou director, por iso o recoñecemento da Academia Galega do Audiovidsual foi unha sorpresa.
Encargado das proxeccións e as restauracións no CGAI, a filmoteca galega, o premio ten tamén un recoñecemento a unha institución pública con case 30 anos de historia.
O sábado, na gala dos Mestre Mateo daralle visibilidade á conservación do patrimonio fílmico como parte da cultura galega.