CRTVG

Buscar

Os menores vacinados sofren menos efectos secundarios ca os adultos

Publicado o 25/08/2021 15:20

Nos rapaces, os efectos secundarios da vacina están sendo, en xeral, moi, moi leves. Hai cativos con algo de molestia no brazo ou dor de cabeza. Máis dun quéixase de algo de cansazo. Os pediatras aconsellan repouso, e se hai moita molestia, pódese dar paracetamol ou ibuprofeno.

Como ocorre cos adultos, os nenos tamén sofren os efectos secundarios da vacina da covid, pero en menor medida. É normal que teñan dor na zona arredor do lugar da picada ou que sintan dor muscular ou de cabeza. Neste caso os pediatras recomendan repouso e se o malestar é intenso, pódese optar pola toma dalgún analxésico, un paracetamol ou ibuprofeno se se presenta algunha reacción. 

O que se está a constatar nestes días é que ás veces os rapaces, sobre todo, os máis pequenos, chegan aos centros de vacinación algo nerviosos. Os pediatras recomendan aos pais que traten de explicarlles todo o proceso aos rapaces para tentar calmalos.

Polo de agora non se ten constancia de ningún efecto secundario extraordinario no proceso de vacinación dos menores.

Noticias web

25/08/2021