CRTVG

Buscar

Os menores de 21 anos poderán viaxar de balde nos autobuses interurbanos de toda Galicia desde este venres

Publicado o 20/05/2021 21:31

Desde mañá todos os galegos menores de 21 anos podrán viaxar gratuitamente no transporte interurbano polos 313 concellos da nosa xeografía. Isto será grazas á expansión da xa existente Tarxeta Nova, que ata o de agora só podía empregarse nalgunhas áreas metropolitanas e que pode solicitarse de xeito gratuíto en calquera oficina de Abanca.

A Xunta de Galicia amplía así o público potencial que pode acollerse a esta axuda, da que actualmente gozan unhas 80.000 persoas e que a partir de mañá podería aumentar considerablemente, xa que máis de 370.000 galegos son susceptibles de solicitala.

 

Noticias web

20/05/2021