Os menores de 21 anos da provincia de Ourense poderán viaxar de balde nos interurbanos
Publicado o 17/01/2020 15:04

Na primavera, os menores de 21 anos da provincia de Ourense poderán coller o bus interurbano de balde coa tarxeta que fomenta o transporte público na xente nova.
Anunciouno a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade no autobús que percorre a liña Seixalbo, en Ourense, ata o polígono industrial de San Cibrao.
Coa implantación do novo plan de transporte, segundo Ethel Vázquez, aumentaron as frecuencias, o número de paradas e estanse axustando os horarios ás demandas dos usuarios.
En total, son máis de 2.000 as liñas de transporte público en Galicia, 1.400 compartidas co transporte escolar.