En Marea decide concorrer ás próximas eleccións do 12-X
Publicado o 23/05/2020 16:12
En Marea téndelle a mán ás mareas municipais afíns e a forzas soberanistas para buscar posibles coalicións electorais ante a cita das autonómicas do 12 de xullo. A decisión de presentarse contou co aval na consulta telemática do 62 por cento dos inscritos.
A formación contaba con 5 escanos no Parlamento e agora co liderado de Pancho Casal dánlle un xiro á organización, despois da dimisión de Luís Villares.