CRTVG

Buscar

A banda de narcotraficantes desartellada en Ourense facía ata 2.000 quilómetros nun día

Publicado o 14/06/2019 15:19

A Policía Nacional ofreceu esta mañá todos os detalles da operación antidroga que acabou con 17 detidos e 66 quilos de haxix e 7 de heroína comisados.

A investigación comezou hai agora un ano, cando os axentes centraron o seu foco nunha familia asentada na cidade de Ourense. Tras varios meses, lograron identificar todos os membros da organización e determinar que tiña unha repartición de papeis perfectamente definida.

O xefe do Grupo de narcotráfico da Udyco da Coruña sinala: "Era unha organización moi definida e cada persoa tiña o seu papel definido"

O provedor da heroína foi identificado no mes de marzo.

José Luis Balseiro, xefe rexional de operacións: "Como anécdota podo contar que durante a investigación, todos os días, durmía en hostais e facía a súa vida nun coche. Ás veces facía 2.000 quilómetros ao día. Iso dificultou enormemente o que foi a investigación".

A operación acabou con 17 detidos en varias provincias españolas, 8 delas en Galicia e incautáronse de 66 quilos de speed e sete quilos de heroína.

José Luis Balseiro, xefe rexional de operacións: "17 detidos e 12 rexistros "Unha das singularidades da operación é a incautación do speed, 66 quilos, que é unha cantidade importante dentro do que é este tipo de substancia".

A investigación segue aberta e non se desbotan novas detencións.


 

Noticias web

14/06/2019