CRTVG

Buscar

Os mellores pescadores de España danse cita na Festa da Troita da Pontenova

Publicado o 01/05/2019 13:31

Na Pontenova toca mollarse. Neste concello lugués celebran a festa do troita e aquí o principal escenario é o río Eo. Nas súas marxes repártense os pescadores que compiten en tres modalidades.

Aquí danse cita 130 pescadores chegados dende diferentes puntos España e entre eles hai tamén campións mundiais.

A xornada foi bastante boa para os pescadores de lance. Houbo quen en apenas unha hora cubriu o cupo de 4 troitas. O conto cambia se falamos de salmón. Malia que poñen moito empeño en preparar ben os aparellos os pescadores din que hai moi pouco e é difícil saír con premio.

A Festa da Troita da Pontenova está declarada de Interés Turístico Galego e o seu concurso de pesca de Interés Deportivo Nacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/05/2019