CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Os mellores baristas galegos citáronse hoxe en Santiago

Publicado o 18/06/2015 20:52




Os mellores baristas galegos citáronse nun centro comercial de Santiago para competiren no décimo campionato barista de Galicia. Que lles parece se preparamos con eles un bo café?

O café como sinal de amizade, de respecto. Cafés de Colombia, Costa Rica, Kenya ou O Brasil competiron en Santiago no décimo concurso barista de Galicia.

No campionato disputábanse tres títulos: aos tres mellores baristas de Galicia e tres bebidas: o capuccino, o café só e o mellor cóctel. Ente o público respirábase moi bo ambiente.

O concurso é un trampolín para o campionato español que terá lugar en Málaga en outubro.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí