CRTVG

Buscar

O persoal sanitario protéxese cun 'botón do pánico' ante as agresións

Publicado o 14/02/2020 09:32

• Os feitos violentos ocorridos en Vigo contra un pediatra fan que aumenten este tipo de protocolos

Incrible é a situación que se viviu nas últimas horas na zona de pediatría do hospital de Vigo. Un pai e un fillo agrediron o pediatra. Pareceulles fatal que o médico que atendía o rapaz lle sacara unha navalla que tiña agochada.

Este caso non é algo illado. De feito, as agresións a médicos van en aumento. Ata o punto de que o colexio de médicos da Coruña puxo en marcha un protocolo para protexer os facultativos, un botón do pánico.

Noticias web

14/02/2020