CRTVG

Buscar

Os médicos piden reforzar o servizo na comisión de investigación no Parlamento

Publicado o 10/01/2019 14:51

O reforzamento da atención primaria foi unha das propostas que puxo hoxe enriba da mesa o presidente do Consello Galego de Colexios na comisión de investigación sobre a sanidade galega no Parlamento. Pediu dedicar o 20% do orzamento de Sanidade a atención primaria, incrementar o financiamento sanitario per cápita e máis prazas MIR.

O decano da facultade de Medicina da USC defendeu que non fan falta máis médicos, senón especialistas. E apuntou que cómpre cambiar o modelo organizativo de Atención Primaria.

Noticias web

10/01/2019