CRTVG

Buscar

Os médicos non saben como responder se aparece un caso positivo na volta aos adestramentos

Publicado o 27/04/2020 14:35

Campos baleiros, herba desinfectada e contacto físico reducido. O fútbol que se aveciña. Enormes dúbidas sobre como se vai poder xogar así, mentres o coronavirus ameaza tamén os futbolistas. Para mañá estaba previsto que comezarán as analíticas aos xogadores, que se negaron a pasalas.

O Ministerio de Sanidade non autorizou a realización deses tests que agora quedan no aire, como tamén pode quedar o consentimento informado que lles van pedir aos futbolistas. Unha aceptación explícita de que non hai risco cero de contaxio.

Nada semella seguro para o reinicio da competición, e o menos seguro de todo sería un positivo nalgún equipo da Liga.

Os xogadores queren seguridade ante todo, e a Liga pretende a volta á competición canto antes. No medio, os médicos e as autoridades sanitarias aplicando criterios científicos que nada ou case nada teñen que ver coas paixóns desatadas polo fútbol. Do de antes da pandemia, polo menos.

 

Noticias web

27/04/2020