CRTVG

Buscar

Os médicos españois, os máis expostos ao coronavirus

Publicado o 14/09/2020 19:23
Os médicos españois, os máis expostos ao coronavirus

Os médicos españois foron os que máis expostos estiveron ao virus da Covid-19, segundo unha enquisa realizada entre profesionais da saúde de varios países. Por detrás de España sitúanse Francia, México e Reino Unido. Os sanitarios españoles atenderon máis doentes contaxiados de media que o resto, un 68% de xeito presencial, e foron os que presentaron maior número de profesionais contaxiados, un 20%. A falla de equipos de protección acaídos, a ansiedade, o medio a contaxiar ou a autoesixencia son os retos aos que tiveron que enfrontarse.

Noticias web

14/09/2020