CRTVG

Buscar

Os médicos din que o mozo de Amorebieta que está en coma por unha malleira non vai sobrevivir

Publicado o 03/09/2021 21:49
Os médicos din que o mozo de Amorebieta que está en coma por unha malleira non vai sobrevivir

O mozo que recibiu unha malleira en Amorebieta, Biscaia, non se vai recuperar do coma. Así llo contaron hoxe os médicos á familia. Unha parte do seu cerebro está xa morta e a outra non quere funcionar.

O mozo leva 40 días ingresado na UCI. Por esta malleira foron detidas 16 persoas, 8 delas menores de idade. Todos se enfrontan a un delito de homicidio.

Noticias web

03/09/2021