CRTVG

Buscar

Os médicos din que aínda é moi pronto para saber se Casillas vai poder volver xogar

Publicado o 02/05/2019 18:23

O médico do Porto confirmou que Iker Casillas non vai ter secuela ningunha. 

Nélson Puga, médico do F. C. Porto: "Que el vai ficar perfectamente recuperado e restablecido, diso nós temos practicamente a certeza".

O que non se atreve a asegurar é se volverá xogar. Di que aínda é pronto para sabelo. Dependerá de varios factores. 

Nélson Puga, médico do F. C. Porto: "Vai depender da medicación que el terá necesidade de tomar, da avaliación que terá que facerse, non só en situacións de repouso, senón tamén de estrés como o exercicio físico ao que el está suxeito nesta actividade de alta competición".

Tamén da propia vontade do xogador. Pero en xeral, os cardiólogos desaconsellan a práctica deportiva de alto nivel.

Ramón Calviño, cardiólogo do CHUAC: "A maioría dos pacientes que sofren un infarto poden facer unha vida normal, incluso actividade física, que é recomendable pero sempre dentro duns límites, vixiada por un médico. Deporte competitivo extremo, evidentemente, non se recomenda nestes casos".

Así pois, haberá que agardar para saber se a carreira deportiva de éxito de Casillas terá unha prórroga ou tocou a súa fin.

Noticias web

02/05/2019