CRTVG

Buscar

Os médicos deixan os grupos de traballo para a mellora da Atención Primaria

Publicado o 08/02/2019 23:41

Os médicos din que hai liñas vermellas que non están dispostos a cruzar. Cren que todas as solucións que propoñen para a mellora da Atención Primaria pasan por dúas medidas básicas.

Carlos Bastida, presidente da Sociedade Galega de Médicos Xerais e de Familia: "Ten que haber unha dirección médica de Atención Primaria e ten que haber un presuposto axeitado a esa dirección de Atención Primaria e que o poida xestionar".

Así se recolle nun comunicado das Sociedades Científicas de Atención Primaria e do Consello Galego de Colexios Médicos, en que tamén rexeitan asistir a novas reunións con outros colectivos e néganse a negociar propostas que cualifican de xenéricas e difusas. Na Consellería de Sanidade apelan ao diálogo nun proceso participativo.

Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria: "Estamos no momento de construír, de consensuar. A Administración está nun proceso moi participativo, dialogante, e penso que entre todos é a maneira de construír a Atención Primaria do futuro".

Neste momento, o Sergas estuda as demandas dos profesionais da Sanidade e das que chegaron a través das enquisas á cidadanía. Cando estea a análise feita, quere someter a avaliación as conclusións finais desas propostas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2019