CRTVG

Buscar

Os mecos masculinos arden este xoves nos concellos do sur de Lugo

Publicado o 13/02/2020 14:31

No sur de Lugo tamén celebraron o Xoves de Compadres por todo o alto. Os veciños de concellos como Sober, Monforte ou Bóveda foron parodiados polas mulleres coa tradicional elaboración dos mecos que combinan temas de actualidade con asuntos locais enfocados dende o punto de vista do humor.

Os mecos masculinos van ser queimados esta tarde e para a semana será a quenda dos homes, que se desquitarán das representacións de hoxe no chamado Xoves de Comadres. Pero antes os amantes do Entroido teñen unha cita na fin de semana en Chantada no Domingo Corredoiro.

Noticias web

13/02/2020