CRTVG

Buscar

Os maxistrados do Supremo ultiman o ditame do 'procés', que se podería coñecer o próximo luns

Publicado o 07/10/2019 14:44

Os maxistrados do Supremo reúnense hoxe e mañá para as últimas deliberacións antes do ditame sobre o caso do procés, que o tribunal quere que sexa adoptado por unanimidade, por consideralo unha cuestión de Estado.

A principal incógnita é se, en caso de condena, a sala opta pola rebelión ou a sedición para cualificar o intento de independencia. E tamén o papel que tiveron os Mossos no procés. Os doce acusados poderían coñecer a sentenza o próximo luns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019