Os maxistrados da Audiencia Nacional retoman hoxe a deliberación sobre o futuro de Ence
Publicado o 01/07/2021 15:22

Os maxistrados da Audiencia Nacional retoman hoxe a deliberación sobre o futuro de Ence na ría de Pontevedra, logo de que a primeira reunión finalizara sen resolución ante a complexidade do caso.
O tribunal debe tomar unha decisión sobre os recursos presentados polo Concello de Pontevedra e dous grupos ecoloxistas en contra da prórroga que o Goberno de Mariano Rajoy concedera á empresa para continuar en Lourizán ata o 2073.