CRTVG

Buscar

Os mastíns, unha das mellores formas de protexer o rebaño contra o lobo

Publicado o 01/03/2019 16:25

Os ataques do lobo ao gando duplicáronse nos últimos tres anos en Galicia. Din os expertos que unha das formas máis eficaces de protexer os rabaños é o emprego de cans mastíns. O gandeiro que hoxe lles presentamos non volveu ter visitas do lobo desde que contratou a Linda, Mera e Sil.

Velaquí a patrulla canina que protexe do lobo as vacas de Rubén. Linda, Mera e Sil están perfectamente integrados neste rabaño de rubias galegas. Pasan todos os días e noites do ano a carón delas, rotando polos pasteiros máis montañosos das Pontes. Antes de que chegaran os mastíns, o lobo comía 15 xatos cada ano. Agora ningún.

Pero, ollo, din aquí que para que o método sexa eficaz non serve calquera mastín. Cómpre que veña dunha familia que traballe con gando, e introducilos no rabaño moi pronto.

Os técnicos recordan que o ideal é combinar o traballo dos cans de garda con pastores eléctricos ou peches de malla electrificada nas leiras onde pace o gando.










 

Noticias web

01/03/2019