CRTVG

Buscar

Os mariscos de cuncha, no mellor momento, por prezo e por sabor

Publicado o 22/10/2021 15:08

Están as bancadas cheas, e os mariscos, no seu mellor momento. "De sabor boísimo, tanto o marisco de cuncha como o que non é de cuncha está espectacular", comenta Margarita González, peixeira.

Os prezos moderáronse con respecto ao verán. "Baixaron moito, a 18 e estaban a 22 a 25" asegura unha señora.

Tamén o berberecho ten un prezo máis competitivo. "Está saíndo tamén gordiño e a un tamaño moi bo, entre 12, 13 euros xa hai berberecho bo", fala Loli Loureiro, peixeira.

Din que é  xa un bo momento de facer abastecemento para o Nadal. En xeral os mariscos conxélanse cocidos pero que facemos coas ameixas e cos berberechos?

"Eu fágoas ao vapor e bótoas no tupper coa auga  que soltan, tápoas ben hermeticamente e conxéloas así, non en cru", aconsella Margarita. 

O importante é que vaian ao conxelador pechados ben herméticos para evitar que o frío queime os mariscos.

Noticias web

22/10/2021