CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Os mariscadores da ría de Muros-Noia din que a marea vermella lles causa unhas perdas de 200.000 euros diarios

Publicado o 03/11/2016 20:45

A paralización do marisqueo na ría de Muros e Noia, a máis afectada pola marea vermella, podería prolongarse ata mediados de mes.

Os 1.500 mariscadores desta zona seguen sen poder traballar porque as últimas análises revelan niveis elevados de toxina diarreica que afecta tanto as bateas coma os bancos de ameixa e berberecho. Só está permitida a extracción de navalla. Na confraría de Noia estiman que isto lles ocasiona unhas perdas duns 200.000 euros diarios. Confían en que a chegada de vento do nordés axude a reducir os índices de toxina.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí