CRTVG

Buscar

Os mariñeiros xubilados que reclaman unha pensión a Noruega poderían levar o caso ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos

Publicado o 14/06/2019 16:43

A xustiza de Noruega acaba de pecharlles a porta aos mariñeiros xubilados galegos que levan anos reclamando unha pensión a que sigan reclamando aló. Pero iso permítelles levar o caso ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, que é realmente onde esperan lograr as súas peticións.

En total son uns doce mil afectados españois, uns oito mil galegos. Ex-mariñeiros que traballaron en barcos con bandeira de Noruega pero aos que o Goberno de aló non lles concede pensión de xubilación co argumento de que non vivían realmente en Noruega. Si lles concede esa prestación aos mariñeiros de Noruega, aínda que non viviran no país. E, con ese argumento, o da discriminación por razóns de residencia e nacionalidade, esperan gañar o caso ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo. Pretenden presentar a demanda antes de agosto.

Ao tempo, seguen reclamando que o Goberno de España se presente tamén na causa ou que asine un acordo diplomático co Goberno de Noruega no que pacten o pagamento das pensións que reclaman.

Noticias web

14/06/2019