CRTVG

Buscar

Os mariñeiros reclaman ante a xustiza europea as pensións que lle esixen a Noruega

Publicado o 22/11/2019 15:44

Os máis de 200 mariñeiros galegos que reclaman o seu dereito á pensión polos anos traballados en mercantes noruegueses levan o seu caso ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Fano despois de esgotaren a vía xudicial no país nórdico para que se recoñezan os seus dereitos sociais.

Alberto Paz, voceiro da asociación Long Hope: "Nós nunca lle pedimos nin un peso a Noruega, nin llo queremos. Só reclamamos os dereitos sociais que nos correspondan. Tantos anos traballados, tanta pensión".

Noticias web

22/11/2019