CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Os mariñeiros que traballaron en Noruega reclamaránlle a ese país as súas pensións

Publicado o 14/08/2015 14:44
Os mariñeiros galegos que traballaron en Noruega van presentar o mes que vén unha demanda colectiva nese país para reclamar as súas pensións.


Pero non renuncian a que sexa o Goberno español quen presente unha demanda contra o Estado noruegués. Hoxe volvéronse manifestar en Santiago para pedir esa reclamación directa entre estados. Din que iso acurtaría o proceso legal porque o caso iría directamente ao Tribunal de Estrasburgo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí