CRTVG

Buscar

Os mariñeiros do Argos Pereira sométense de novo ao test do coronavirus

Publicado o 27/02/2021 09:19
Os mariñeiros do Argos Pereira sométense de novo ao test do coronavirus

O Argos Pereira atracado no porto de Montevideo

Os tripulantes do pesqueiro vigués Argos Pereira afectado pola covid no Uruguai foron sometidos de novo a un test. Agora agardan os resultados. As probas realizáronselle a toda a tripulación, tanto aos que estaban enfermos como aos que xa están recuperados. Mentres, evoluciona favorablemente o mariñeiro que o mércores tivo que ser hospitalizado. Os positivos que permanecen no interior do buque están asintomáticos.

O pesqueiro chegou a Montevideo o 11 de febreiro. Saíra de España con destino ás Malvinas logo de que os tests realizados aos seus 54 tripulantes deran negativo. No Uruguai arribaron para repostar combustible. Por esixencias do porto de destino foron sometidos de novo a control e os resultados deron 28 positivos por coronavirus.