Os mariñeiros de Burela trasladan a Virxe do Carme e o San Xoán á igrexa de Vila do Medio
Publicado o 03/06/2019 14:52
Os mariñeiros de Burela honran estes días á Virxe de Carme. Hoxe os mariñeiros levaron a Virxe do Carme e mais a San Xoán, que é o patrón das confrarías e tamén de Burela, desde a nave de redes, onde levaba toda a fin de semana, ata a igrexa de Vila do Medio.
Danse por rematas as festas e xa só queda mañá a ofrenda floral, que se vai celebrar no porto.