CRTVG

Buscar

Os manifestatantes entran no Parlamento de Hong Kong sen oposición policial

Publicado o 01/07/2019 17:56

Os centenares de manifestantes que tomaron hoxe pola forza o Consello Lexislativo (Parlamento) de Hong Kong permanecen dentro do edificio e teñen a intención de quedar, sen que a policía fixese acto de presenza, segundo constatou Efe. Os manifestantes, que conseguiron acceder ao interior pasadas a 21.00 hora local (13.00 GMT) derrubando a porta, manteñen tomado o hemiciclo e moitos deles atópanse reunidos en asemblea para decidir as accións das próximas horas. Segundo expresaron a Efe, unha ampla maioría aposta por quedar "polo menos esta noite" ou ata que a policía interveña.


Tras pasar máis de catro horas tentando botar abaixo a entrada do edificio con barras de aceiro, ladrillos ou pedras, os manifestantes conseguiron acceder a el. Nas proximidades da sede parlamentaria, onde máis de 10.000 persoas levaban varias horas concentradas esperando a que destruísen as portas, non había presenza policial, a pesar de que as autoridades negociaran cos organizadores da protesta que o percorrido non pasase pola zona en cuestión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019