CRTVG

Buscar

Os manifestantes colombianos anuncian unha desescalada dos bloqueos

Publicado o 01/06/2021 18:55
Os manifestantes colombianos anuncian unha desescalada dos bloqueos
EFE

O Comité Nacional de Paro (CNP), conformado por organizacións sociais e sindicais colombianas, asegurou que este martes está a darse unha desescalada dos bloqueos en Colombia como unha mostra de vontade dese organismo para negociar co Goberno tras 33 días de manifestacións.

O presidente da Federación Colombiana de Educadores ( Fecode), Nelson Alarcón, asegurou que os manifestantes fixeron unha "desescalada dos puntos de resistencia, como nós os chamamos", en polo menos 40 lugares de todo o país. "Grazas á desescalada, ás orientacións, á concertación (...) deuse esta circunstancia para que realmente o Goberno nacional hoxe non teña ningunha desculpa de dicir que non asina os preacordos", dixo Alarcón antes de reunirse co Executivo nun novo encontro co que se busca iniciar negociacións. 

Noticias web

01/06/2021