CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Os máis novos festexan tamén o nacemento de Rosalía

Publicado o 23/02/2018 14:32

Tamén os máis novos celebran hoxe o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Foi un 24 de febreiro de 1837.

Os colexios levan toda a semana organizando actividades arredor da súa figura.

Hoxe nos centros educativos ou nas rúas, calquera sitio é bo para lembrar o seu legado.

E así, a base de achegarse ao seu traballo, os cativos decátanse tamén da parte máis intimista de Rosalía.

E lembran como Rosalía foi quen, en pleno século XIX, de facerse un oco na literatura que segue intacto a día de hoxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí