CRTVG

Buscar

Os máis cativos tamén aprenden educación viaria e primeiros auxilios

Publicado o 21/04/2017 14:14

Percorreron coas súas bicicletas un circuíto para saber como deben comportarse na estrada, tanto no seu papel de peóns como de futuros condutores

Sobre dúas rodas e co casco posto. Así comezan hoxe estes nenos as súas clases en Ourense. Cambiaron a aula polo circuíto.

Clases prácticas para interiorizar desde ben pequenos que significan os sinais e respectalos.

Tamén é importante saber quen nos pode axudar cando nos acontece algo na estrada.

Puideron comprobar de primeira man como funcionan os equipos de liberación que empregan os bombeiros cando hai un accidente.

E unha vez liberada a vítima actúan os sanitarios.

Unha lección práctica de educación viaria porque non hai mellor xeito de aprender que experimentando.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017