CRTVG

Buscar

Os maiores inmunizados poderán saír das residencias a partir deste sábado

Publicado o 25/02/2021 15:10

Despois de semanas agardando, os maiores das residencias galegas volverán a abrazar os seus e saír pasear. Poderán facelo a partir desta fin de semana os que puxeran a segunda dose da vacina hai máis de dez días. As saídas serán como máximo de dúas horas e limitaranse a dous días á semana.

É un paso máis na desescalada agora que a situación epidemiolóxica mellora. Con todo, Alberto Núñez Feijóo fai un novo chamamento á responsabilidade de cada un de nós.

"Pido o maior exercicio de responsabiliade individual e colectiva. Se non o facemos ben volveremos cara atrás", indica Feijóo. 

E mentres se avanza na desescalada, a Xunta continúa axudando os sectores máis afectados. Desta volta cun paquete de 20 millóns de euros para apoiar o comercio local e de proximidade.

Noticias web

25/02/2021