CRTVG

Buscar

Os maiores de Celanova póñense ao día cos teléfonos intelixentes

Publicado o 21/06/2017 17:40

Na aula municipal de informática aprenden estes días como manexalos para algo máis que facer chamadas

Os maiores tamén queren estar ao día coas novas tecnoloxías. Pero para aprender todas as funcións dos teléfonos móbiles intelixentes cómpre moitas veces facer un curso. Iso están a facer un grupo de veciños de Celanova. Na aula municipal de informática aprenden estes días como manexalos para algo máis que facer chamadas. 

Estes maiores de Celanova xa teñen teléfonos móbiles intelixentes e agora queren aprender como sacarlles o máximo proveito. Neste curso aprenden a personalizalo e tamén a empregar ferramentas como o whatsapp para se comunicaren enviando mensaxes de texto, de voz ou fotos. 

Non importan os atrancos, o máis importante son as súas ganas de aprender. 

Aquí na aula municipal de informática ensínanlles todo, dende o máis básico como desbloquear o móbil, rexistrar un teléfono ata as redes sociais. 

Saben que na era dixital coñecer as novas tecnoloxías axúdalles a estar mellor comunicados cos que queren.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/06/2017