CRTVG

Buscar

Os maiores de Campolongo celebran cada día sen ningún contaxio

Publicado o 03/04/2020 14:58

Os 96 maiores que residen neste centro de Campolongo non se fartan de dar as grazas aos seus coidadores polo labor que están desenvolvendo para impedir a entrada do virus, porque saben da grave situación que se está a vivir noutros establecementos da terceira idade. E cada día sen contaxios é unha vitoria.

A Consellería de Política Social, da que depende o centro. reforzou o cadro de persoal, que acada hoxe o cento de traballadores. Un persoal moi necesario porque, segundo explican, o esforzo multiplícase. Un exemplo son as quendas de comedor, que teñen que organizar de maneira que cada usuario coma só nunha mesa. Todos estes desvelos danse por ben empregados cada día que lle gañan a partida ao virus.

Noticias web

03/04/2020